Ir al contenido principal

BENVIDA

Chámome Xavier Vieites, son profesor de Artes Marciais fai xa 30 anos. Dende un tempo atrás, seis anos apróximadamente,  comecei a viaxar a Inglaterra a estudar outras formas de entender e progresar no meu propio camiño. Alí coñecín ao mestre Dan Harden  e atopei aquilo que andaba a buscar como practicante de estilos internos. Cal era o camiño para estudar a forma interna de aquelo todo que eu estaba anos e anos entrenando? Dan  foi a resposta. 
Através dos seus  cursos e un estudo personal aplicado ao meu propio estilo fun dando coas vigas mestras que sostiñan toda unha forma de traballar que para min era totalmente nova e dotaba de sentido a todo o aprendido anteriormente.
Co nome de "Arquitectura interna do movemento" trato de englobar unha actividade que vai máis alá do meramente marcial e que como puiden ir comprobando con algúns dos  alumnos que acuden aos meus talleres, e están formados noutras disciplinas; artes escénicas, expresión corporal, terapias manuais e da saude en xeral, poden ser perfectamente desarrolladas en distintas liñas de traballo, sendo ao meu parecer unha fermosa ferramenta que hoxe en día podemos utilizar forá do hermetismo oriental ao que estamos acostumados.

A "Arquitectura interna do movemento" proporciona ao corpo unha estructura óptima, equilibrada e consciente. Transformándonos día a día ata integrala na nosa vida có aporte dun maior benestar e lonxevidade funcional.

Comentarios

  1. Tendo tratado con moitos mestres de artes marciais, a unica cousa que poido dicir de Xavier e que é sinxelamente o mellor. Unha aperta grande Xavier.

    ResponderEliminar
  2. Hola a todos: é una grata sorpresa a creación desde blog, onde todos os practicantes da 'Arquitectura Interna do Movemento' podéremos compartir impresións sobre o entrenamento.
    Gracias, Xavi, por compartir os teus coñecementos con todos nós con esa naturalidade que te caracteriza.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Moi ben Xavi, pois seguirémoste fielmente coma sempre! Investigando e desenrolando o teu propio estilo ...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Taller en compostela

un taller pensado para os que xa estades sendo habituais e para os que se incorporan de novo.

As Forzas opostas

    Para entender os métodos ancestrais de entrenamento interno que podemos atopar en prácticas tan coñecidas como o qi gong, o yoga,  o taichi,  o aikido, etcétera.... é necesario saber cal é o punto  común que as convirte en artes internas. En todas elas existe unha  conexión do corpo a través da acción de forzas opostas que serán expresadas, interpretadas e practicadas nas distintas artes internas e dentro dos  diferentes sistemas escolas e mestres de múltiples maneiras.   Se partimos da idea dunha banda elástica, unha goma por exemplo, e tiramos dos extremos conseguimos que se tense activando a súa cualidade elástica e fortalecendo a súa resistencia. Así se unha forza externa entra en contacto con ela será repelida rebotando cóma un acróbata ao caer sobre una cama elástica. Pero, como conseguimos realizar esto no corpo? Imaxinemos un gato hidráulico, este produce presión en dúas direccións simultáneamente creando unha forza expansiva que pode levantar obxetos moi pesad

En Caaveiro

Un video que realicei fai uns anos......con música propia!!! Espero que vos gusten.