Ir al contenido principal

As Forzas opostas



    Para entender os métodos ancestrais de entrenamento interno que podemos atopar en prácticas tan coñecidas como o qi gong, o yoga,  o taichi,  o aikido, etcétera.... é necesario saber cal é o punto  común que as convirte en artes internas.

En todas elas existe unha  conexión do corpo a través da acción de forzas opostas que serán expresadas, interpretadas e practicadas nas distintas artes internas e dentro dos  diferentes sistemas escolas e mestres de múltiples maneiras.

  Se partimos da idea dunha banda elástica, unha goma por exemplo, e tiramos dos extremos conseguimos que se tense activando a súa cualidade elástica e fortalecendo a súa resistencia. Así se unha forza externa entra en contacto con ela será repelida rebotando cóma un acróbata ao caer sobre una cama elástica. Pero, como conseguimos realizar esto no corpo? Imaxinemos un gato hidráulico, este produce presión en dúas direccións simultáneamente creando unha forza expansiva que pode levantar obxetos moi pesados.
 Se por un momento intententamos elevar suavemente  a coronilla hacia arriba e os xeonllos hacia abaixo ao mesmo tempo inmediatamente notaremos como todos os seus compoñentes elásticos; músculos, tendóns ligamentos e fascias estiraranse creando unha conexión de extremo a extremo. O corpo  convertese nun cilindro de goma. Aquí atopamos unha clave,  sentiremos unha  fermosa sensación que  recorre o corpo.
Esta conexión interna ten como beneficios máis visibles, a partir dun entrenamento no tempo;
     Unha descompresion das articulacións, beneficiando especialmente á columna vertebal , liberando o espacio dos discos intervertebrais.
     Un fortalecemento da musculatura paravertebral ,neutralizado o efecto da gravidade.
     Unha maior circulación sanguínea e unha correspondente maior capilaridade.
     Un estímulo na nutrición celular aumentado o caudal enerxético en todo o organismo.
     Unha reestructuración natural do corpo.
     Unha apertura completa do organismo activando o tecido corporal para conseguir estabilidade, equilibrio, fortaleza estructural e un profundo desarrollo da conciencia en beneficio de benestar xeral.

     No relativo as artes marcias, a potencia que desarrolla o corpo con estas prácticas é semellante a "unha  barra de aceiro envolta en algodón"  amosandonos así a famosa teoria taoísta do equilibrio entre o forte e o suave .
  Ná expresión corporal  aplicando estes coñecementos obtemos unnha movilidade  fluida consciente e armonica, que abren novos campos de realización e investigación creativa.

No tocante  as terapia manuais, o practicante desarrolla unhas cualidades que lle permite xerar  accións  sólidas e globais para  unha millora notable na aplicación manual e  de unha maior calidade de escoita.



 As forzas opostas  e os seus múltiples usos son gran ferramenta para o corpo 

Para rematar podemos realizar un exercicio que amoxe este concepto. Lembrando o exemplo anterior do gato hidráulico, poñamos os  brazos en cruz  lixeiramente dobrados e tratemos de levar as puntas o máis lonxe posible, como querendo tocar dous muros distantes ampliando coa intención o mais lonxe posible ata q ter a sensación de que os brazos están unidos como una goma de lado a lado. Será de gran axuda alguén que nos poida testear a diferencia entre permanecer neutros ou levar esa intención de alonxar as mans.

 Non hai secretos nin misterios.

Xavier Vieites.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Taller en compostela

un taller pensado para os que xa estades sendo habituais e para os que se incorporan de novo.

En Caaveiro

Un video que realicei fai uns anos......con música propia!!! Espero que vos gusten.